luns, 29 de abril de 2013

Busca do tesouro

Desde o C.E.I.P. "Condesa de Fenosa" elaboraron esta busca do tesouro para averiguar canto sabes do autor ao que se lle adican as Letras Galegas este ano. Preme na imaxe se queres comezar.

Prezi desde o C.E.I.P. Condesa de Fenosa

Un PREZI é unha aplicación que sirve para comunicar información visual de forma secuenciada e amena. No C.E.I.P. "Condesa de Fenosa" do Barco de Valdeorras, prepararon este para que poidamos aprender. Recolleron os datos na páxina da Real Academia Galega e no libro "Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño" , dispoñible na nosa biblioteca.

Recursos Abalar

Para o alumnado da aula Abalar, os nenos e nenas de 5º, dispoñen destes recursos para investigar:


Recursos do "Seminario Galán"

O "Seminario Galán" traballa duramente cada curso para compartir con todos os centros educativos recursos sobre as Letras Galegas. Premendo na imaxe podes acceder a documentos e actividades para todas as idades. 

Telexornal

O alumnado do C.E.I.P. "Os Dices- Rois" achéganos  á figura de Vidal Bolaño neste completo informativo:

Actividades desde o C.E.I.P. de Mallón de Nigrán



Premendo nesta imaxe, os nenos de infantil poderán aprender sobre as Letras Galegas e Roberto Vidal Bolaño.



Para o alumnado de 1º Ciclo podemos probar con esta actividade:



Esta é a proposta para o alumnado do 2º Ciclo:

E para os maiores, os de 3º Ciclo:

Grazas ao C.E.I.P. Mallón polo seu estupendo traballo.